Ambientes e sentidos


O proxecto ten por obxectivos favorecer a reflexión dos espazos comúns de uso cotián, a apropiación destes lugares polos nenos e nenas, e a formulación de propostas para mellorar a calidade espacial da súa configuración dende os seus puntos de vista. O proxecto propón dotar aos nen@s de ferramentas para analizar o seu espazo uso diario, para que a partir dunha actitude crítica e valorativa poidan propor accións que modifiquen a esencia destes lugares, xerando ambientes identitarios nos que desenvolver a súa actividade cotiá. O proxecto desenvolve dous xeitos de abordar a ensinanza sobre o espazo: Un primeiro modo a partir da creación dunha obra efímera no espazo a partir de reflexións sobre o tempo, a atmosfera, o baleiro e os límites; un segundo modo que responde a una metodoloxía máis convencional de aprendizaxe, desenvolvendo as actividades en varias sesións con diversas fases:
Fase 1: coñecemento do lugar.
Fase 2: análise do lugar.
Fase 3: diagnose.
Fase 4: Proxecto.

O proxecto en Ludantia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Anuncios